lunes, 10 de noviembre de 2008

As Jaliscolas do jalo Quiquiri Quin‏

"Benqueridos amijos"

Pode que algún de vos ainda acorde aqueles tempos nos que aos nenos na casa, os pais, falábannos en galego e, traicionando á patria, facían que foramos á escola para que nos ensinaran falar o castelán, pensando que ía ser bó que superamos máis dunha lingua.Hoxe, os pais modernos, na casa, falan nun castrapo "del copón", por iso mandan aos fillos ás "jaliscolas do jalo Quiquiri Quin", onde só se fala galego, para preservar o bilingüismo e que non se perda a capacidade de falar na lingua nai (¿nai de quén?, porque a vosa non é).
Isto fai que medre dabondo o nivel cultural e arriquece lingüisticamente aos rapaces e, ademáis, con semellantes mestres, o éxito laboral ou profesional está garantido.

Eu teño un "amijo" ao que lle aprenderon falar "bien" na "universidá" e, abofé que agora fala "tan bien, tan bien" e cun vocabulario tan culto que, ás veces, talmente semella que estuvera falando en "injlés". Así, cando imos paseando pola rúa, a eses grandes testos con froles que atopamos de cotío, insiste en chamarlles "xardiñeiras" (i eu sempre quedo como un parvo axexando entre as herbeiras por ver se paga a pena levar unha patela e recoller algunha sardiña, non sei porque o primeiro que me vén á cabeza é que alguén sementóu unha pranta á que lle nasce un peixe no seu extremo). Claro que no xardín do seu "chalet" non se sementa, aló "sémbrase", i é que ás palabras do agro fánselle totalmente alleas pois na "universidá" ninguén as empregaba.
Para dicir que algo é meu diche que é "miño",e ,ainda que xa non voltará cumprir os corenta, gústalle lembrar vellos tempos indo de "tazas" polas rúas dos viños e nas pausas da súa conversa sempre pasa a outro tema coa tradicional expresión "i bueno". I é que, como xa dixera Bob Dylan, "Times are changing". Por iso éche unha mágoa que a súa filla desertara xa fai un tempo do bilingüismo e só fale na lingua do imperio.

Porque hoxe, os da "upejá" téñenche un piso en Baiona para pasar as vacacións (por iso de facer patria, ¿que mellor lugar para ir de vacacións que a nosa "Jaliza"?) un despacho en San Caetano e un Audi A8 "ofisial" con minibar ("¡Joder" o coche víñache así, non llo vou quitar!). ¡Ai meus "amijiños"! ¿onde quedou aquilo de que os coches de luxo dos políticos pagámolos nos coas nosas taxas?...

...e a nosa voz resoa...¡Viva la "revolusión" i "Jaliza" ceibe e socialista!
e se isto non se amaña "caña, caña, caña" e a próxima visita será con dinamita, estas últimas escoitadas ainda fai uns días nunha manifestación da "Cija".

No hay comentarios:

Publicar un comentario