viernes, 28 de noviembre de 2008

Falade meniños, falade castrapo‏

Fai uns días unha concelleira do BNG na Coruña dixo que non empregar o galego coma única lingua no país era o mesmo que exercer a violencia de xénero coas mulleres, a cousa non é de estrañar, pois cando eu era mozo xa cantaban aquilo de "...que se España é miña nai, eu son un fillo de puta". Na miña aldea, os nenos dabámoslle un valor tal á lingua que a ningún de nós se nos ocurriría decir tal cousa das nosas nais, en todo caso, empregando unha expresión máis acaída, cabería falar de que vostede, señora concelleira, acaba de dicir algo que é máis feo que pegarlle na cara a un pai.
Veño de escoitar tamén a unha "lideresa da Cija", abandeirada da folga da limpeza de edificios públicos, que se adicou a encher de lixo as universidades e hospitais para deixar claro que estaban en loita (ateigando de papeis os váteres e lavabos para que non se poideran utilizar), falando nun correcto castrapo, de que teñen dereito a dar a coñecer as súas reivindicacións laborais. Xa sabiamos que as mulleres da limpeza non adoitaban a ter un bon nivel cultural, ainda así, antes falar, polo menos, sabían. A mulleriña chámase Tránsito, supoño que por vir dunha familia moi devota, e que o nome terá que ver co pasamento do Noso Señor, pois de non ser así, o mal nome sería tan ridículo coma chamar a unha filla Aparcadoiro ou Semáforo.

Na miña aldea, tamén, cando se escribía "Meixoeiro", pronunciabamos cáseque igualiño que un "u", ou sexa, "Meixueiro", despóis, alguén moi letrado, contóunos que todo iso era por ser un "o" pechado, que soaba practicamente igual. Logo chegóu un alcalde a Vigo que dixo chamarse Manoel e pronunciaba ese "o" talmente coma se fose un "o", sen pechaduras nin hostias. A cousa ten ido tan lonxe que agora, na publicidade políticamente correcta xa ninguén pronuncia coma ten de ser. Escoito na publicidade (si publicidade, ainda que custe de crer, porque as manifestación xa teñen os seus expertos en márketing) dunha convocatoria de manifestación dun sindicato labrego na radio: "...sóbennos o prezo do leite", si, así como soa, cun "o". Nos nunca "sobiamos a un penedo" cecáis porque maxinábamos a confusión con que se atoparía o sindicalista si ao entrar na tenda vai e dille a tendeira: "sóbeme vostede os ovos", xa digo que isto, cando eramos rapaces poría á tendeira de mil cores, agora, non sei se podería ser considerado coma violencia de xénero na súa variedade oral.
Xa se decía que "el burro del gitano hablar, habla, lo que pasa es que no "prenuncia".

Unha vez estaba eu comendo nun restaurante de Vilanova dos Infantes e coincidín ao carón dunha mesa onde unha morea de esgrevios persoeiros da cultura galega celebraban ,cunha papatoria, o cabodano de Celso Emilio Ferreiro. Cando se retirou a camareira despóis de consultarlles algo acerca dun prato que ían tomar, oín dicir ao que fora director da Editorial Galaxia: "Hai que ver que acento tan fermoso ten esta rapariga".
Poi si, "meu amijo" ténche ese acento porque non lle aprenderon falar na escola, nin na "Jaliscola", nin, coma deciamos na nosa aldea, na escola do Pixiñas.
Entendo que fai moitos anos, cando comezaba esta historia de falar a língua da patria, se consentira falar así de mal por aquilo de "é que che están a facer o esforzo de aprendelo". Agora, cando todos rebasades xa a corentena (de anos, non me refiro á das doenzas contaxiosas, que tamén semella selo) xa vai sendo hora de que deixedes o castrapo e empezedes a falar en cristiano, poi do contrario, coma diría Castelao (e se non o dixo seguro que está a piques de facelo algún político espabilado dos da vosa corda): "I bueno, que cadaquén entonces fale coma le salga del carajo" ou coma diría a miña avóa, que, por suposto, non era un home e falaba mellor "coma lle saia da cona".

No hay comentarios:

Publicar un comentario