Pero teño sentido común.
De seguido vou reproducir un texto escoitado na publicidade institucional, esa que pagamos todos para que coñezamos o ben que fan as cousas máis elementais os políticos que, tamén nos, decidimos que nos dirixan:
"O Porto de Vigo é quen para ser cabeceira da primeira autoestrada do mar..."
Iso de "ser quen" escoitáballo eu moito dicir á miña avoa, era un sinónimo tradicional de "se capaz" "poder", nada propio destes que aprenderon falar nos mitins. Por exemplo, podía falar de que "o rapaz quería unhas cereixas pero non foi quen de subir á árbore". Nunca lle escoitei falar do porco e dicir "o porco non foi quen de fozar na lama" seguramente porque o porco non tiña a mesma categoría de ser que unha persoa, (xa se sabe que a xente do agro érache moi besta e aos animais considerábaos como tal, ou sexa, animais).
Por iso semella que O Porto de Vigo non debera ser quen (non é ningunha persoa, en todo caso, como moito, un organismo abstracto formado,entre outras cousas, por persoas).
Ademáis, "ser quen de ser" tampouco resulta máis que unha redundancia inútil, posto que si "é quen" xa é, ou coma dixera Descartes "penso, logo existo" ¿para qué queredes existir dúas veces ao mesmo tempo?
O Porto de Vigo ten capacidade para ser cabeceira da primeira autoestrada do mar...iso estaría mellor, porque pasarse de listo non sempre equivale a "ser quen de adquirir máis cultura".

No hay comentarios:
Publicar un comentario